A relación entre a literatura e a música unha das máis antigas e fructíferas colaboracións que se producen entre distintas manifestacións artísticas.
Dende este blog, pretendemos dar a coñecer á comunidade educativa do CEIP San Xoán de Becerreá, este enriquecedor espazo artístico.
Igualmente, pretende imbuir no noso sentir á proximidade doutras culturas, o recpecto polas diferenzas, e abrir a nosa capacidade de escoita e visión a situacións novas, espertando a curiosidade por coñecer outras realidades visuais, sonoras e gustativas; implicando, ademáis do profesorado do centro ao servizo de comedor escolar.

PáXinas

KAMISHIBAI

Equipo de Dinamización da Lingua Galega pon en marcha, coa colaboración da Biblioteca Escolar, a liña de dinamización e animación

Un Kamishibai ao mes.

A organización deste traballo será como segue:
- Elección dun libro, de entre os que se están a traballar no EntreLetras ou nalgún dos proxectos do centro, que se adapte á técnica do Kamishibai.
- Escaneado e tradución ao galego (de ser o caso) por parte do alumnado axudado polos profesores.
- Sesión de interpretación, na Biblioteca Escolar, por parte de alumnos de cursos superiores, para alumnos pequenos.
- Gravación da sesión e análise posterior para mellora das técnicas interpretativas.
- Publicación da experiencia.


Este é o espazo destinado á publicación dos diferentes momentos do Kamishibai SanXoán.


DECEMBRO: Para o festival de Nadal, o grupo de 5º introduciu este recurso para o seu coñecemento por parte de toda a Comunidade Educativa. Foi o noso primeiro Kamishibai público. A obra elixida é "Canto te quero... case sempre..."



Acceso ao arquivo en PDF.

XANEIRO: No proxecto CinemaEnCurso estamos a coñecer os rudimentos da filmaxe de películas. O cine é un deses espazos máxicos que ligamos ao noso traballo. Por iso, entre os libros do mes, seleccionamos a obra "Outra vez Lucas vai ao cine. E non me leva".

Tamén en xaneiro, para completar a liña de traballo Todos Iguais (contra a violencia de xénero), o alumnado de 6º interpreta a obra "Monstruo Rosa". Podes acceder aquí á nova no blogue de Educación Responsable (Banco de Ferramentas para 6º)





No hay comentarios:

Publicar un comentario