A relación entre a literatura e a música unha das máis antigas e fructíferas colaboracións que se producen entre distintas manifestacións artísticas.
Dende este blog, pretendemos dar a coñecer á comunidade educativa do CEIP San Xoán de Becerreá, este enriquecedor espazo artístico.
Igualmente, pretende imbuir no noso sentir á proximidade doutras culturas, o recpecto polas diferenzas, e abrir a nosa capacidade de escoita e visión a situacións novas, espertando a curiosidade por coñecer outras realidades visuais, sonoras e gustativas; implicando, ademáis do profesorado do centro ao servizo de comedor escolar.

PáXinas

viernes, 1 de abril de 2016

Roteiro por Guitiriz: Fábrica de Poetas.

O pasado día 30 os alumnos de quinto e sexto fixeron un magnífico roteiro pola vila de Guitiriz, un dos dous roteiros que o IES Poeta Díaz Castro, desa vila, realizan para o coñecemento e difusión do poeta do que toman o nome e que foi homenaxeado no Día das Letras Galegas durante o pasado 2014.


O roteiro Fábrica de Poetas fai un percorrido pola vila, naqueles espazos que son importantes na vida do escritor:


A saída é desde o Instituto, logo de facer un xogo de pistas que deriva nun agrupamento do alumnado convidado. 






Despois, en grupos, os nenos coñecen a vila, facendo paradas en:

A Casa Habaneira, na que a Fábrica de Poetas convida a unha poxa para a lectura (no menor tempo posible) de poemas.


O Curro Vello, no que o xogo leva ao coñecemento de autores dun único libro.






A Viaxe do Heroe lévase a cabo na Estación do tren da vila. Penélope e Ulises forman, xa, parte do coñecemento dos nosos nenos, cunha representación da súa historia. Descubrimos Penélope,un dos poemas máis fermosos de Díaz Castro. Como imos motivados para a lectura, desde a Estación do Tren, marchamos pola vila coas consignas de "Máis Lectura e Menos Televisión", entre outras... Unha manifestación pola cultura!


                                       




O achegamento ao léxico tivo lugar na Casa das Palabras, de Guitiriz. Unha homenaxe a escritores da Terra Cha, onde Alfonso Blanco falou aos nenos de literatura e explicou a razón de ser da Casa das Palabras. Tamén alí puidemos ver obxectos persoais de autores como Díaz Castro e Manuel María. A sorpresa chegou cando descubrimos dúas pezas artísticas elaboradas polo Pai de Aarón, de sexto, que nos encheron de orgullo.







A Apócema Poética foi o momento de creación literaria e xogo máis intensos para o noso alumnado. Un pracer que serviu, tamén, para iniciar a volta a casa.




Nesa volta, os comentarios foron mostra do ben que o alumnado o pasara acompañando aos guías (tamén alumnos) pola súa proposta literaria.

Hoxe, xa máis pousados, fixemos a avaliación do día, mediante unha DIANA DE VALORACIÓN. Os nenos fixeron reflexión sobre catro aspectos concretos do acontecido: as aprendizaxes, o goce, os descubrimentos e o desexo de voltar. Con posterioridade, colocaron un gomet na diana, dando maior puntuación no círculo central, como no caso do xogo de dardos.

Tamén encontraron unha palabra para resumir a sensación do día, que tamén incluíron.

Para finalizar, enganchando co noso traballo cos emoticóns do Happyness Day, escolleron un     ( entre dez), que reflectise a emoción coa que chegaron de volta a Becerreá.

Este é o resultado. E, polo magnífico que é, só podemos AGRADECER AOS ORGANIZADORES TERNOS CONVIDADO. MILLÓNS DE GRAZAS, AMIGOS! ENCANTADOS DE TERVOS COÑECIDO, QUEREMOS, AGORA, CONFIRMARVOS QUE DESEXAMOS VOLTAR A VERVOS E COÑECERVOS MELLOR!



Este é o vídeo que resume o día.



No hay comentarios:

Publicar un comentario