A relación entre a literatura e a música unha das máis antigas e fructíferas colaboracións que se producen entre distintas manifestacións artísticas.
Dende este blog, pretendemos dar a coñecer á comunidade educativa do CEIP San Xoán de Becerreá, este enriquecedor espazo artístico.
Igualmente, pretende imbuir no noso sentir á proximidade doutras culturas, o recpecto polas diferenzas, e abrir a nosa capacidade de escoita e visión a situacións novas, espertando a curiosidade por coñecer outras realidades visuais, sonoras e gustativas; implicando, ademáis do profesorado do centro ao servizo de comedor escolar.
Acabamos de recibir a aprobación do proxecto europeo eTwinning "Coñecémonos cos outros", unha liña de traballo de dinamización das linguas con base nas matemáticas e a educación emocional.
Este proxecto está deseñado para o alumnado de 6º, aínda que terá actividades puntuais con outros grupos. Participaremos cun centro portugués, das Illas Azores, a EBI Francisco Ornêlas de Câmara, e outro catalán, o INS La Sénia, de Tarragona.
O EntreLetras do mes de xaneiro é "Carteámonos pola paz" porque finaliza o mes cunha conmemoración moi importante: O Día da Paz.
Pero... para cartearnos... precisamos coñecer cómo é que unha carta chega a un lugar. VISITA Á OFICINA DE CORREOS
Por iso, contando coa colaboración de María, nai de Cristina, visitamos a Oficina de Correos onde é xefa da Unidade de Distribución de Becerreá. Alí recibimos unha información fantástica de cómo se reciben e distribúen as cartas. Este é o vídeo da visita:
Jorge Álvarez, de 6º, elaborou este vídeo, que recolle o resumo do día, incluídas as visitas ao Guarnicioneiro e, tamén, á destilería Gota a Gota, onde aproveitamos para facer retratos.
VISITA DO CARTEIRO DA PAZ
SORPRESA!!! Acabamos de recibir dúas cartas. Os compañeiros do eTwinning, cos que compartimos actividades durante o Nadal, enviáronnos unhas cartas e presentes.
Chega o momento de escribir cartas. Todas as clases escribirán unha para algúns compañeiros de centros cos que compartimos algún proxecto.
O venres 21 vén o noso amigo, o Carteiro da Paz, que leva todas as nosas cartas cara o seu destino. Gustaríanos ver as caras dos nosos novos amigos ao abrir as cartas que lles escribimos. este vídeo recolle os mellores momentos do día.