A relación entre a literatura e a música unha das máis antigas e fructíferas colaboracións que se producen entre distintas manifestacións artísticas.
Dende este blog, pretendemos dar a coñecer á comunidade educativa do CEIP San Xoán de Becerreá, este enriquecedor espazo artístico.
Igualmente, pretende imbuir no noso sentir á proximidade doutras culturas, o recpecto polas diferenzas, e abrir a nosa capacidade de escoita e visión a situacións novas, espertando a curiosidade por coñecer outras realidades visuais, sonoras e gustativas; implicando, ademáis do profesorado do centro ao servizo de comedor escolar.

miércoles, 1 de junio de 2016

Maxia na cociña





O 30 de maio, Bret Fernández, antigo alumno do Colexio e membro da nosa comunidade por ser fillo de Javier, un dos máis queridos integrantes dela, pasou a mañá a deleitarnos co seu quefacer na cociña.






Bret é o cociñeiro estrela nacido en Becerreá. O seu interese pola cociña vén de neno e dirixiu a súa formación en Hostelería. Logo, Bret, aproveitou cada ocasión que a vida lle deu para seguir formándose nesta cociña que ten máis de maxia e química que de sólo-cociña. Na súa carreira están restaurantes de Lugo, como A nosa terra, onde foi xefe de cociña, A Fervenza, o seu primeiro traballo serio no sector... pero destaca, con moito, a súa estadía no Celler de Can Roca, o mellor restaurante do mundo, varios anos consecutivos, segundo as revistas especializadas e portador de varias Estrelas Michelín.



Hoxe, Bret é o xefe de cociña no Loxe Mareiro, en Carril, e colabora no Abastos 2.0, de Santiago.

Era cedo, a primeira hora, cando Bret, co seu primeiro axudante, Luis, e o seu proveedor de peixe, entraban no cole. Facíano pola cociña, o terreo que mellor coñecen, e alí deixaban caixas con todos os aperos que precisarían e todas as incribles materias primas que usarían na súa sesión de cociña... maxia?

Logo, recibiunos. Alí, na cociña, coas súas mellores galas e os seus mellores axudantes. Durante case dúas horas preparounos 

  • Un aperitivo a base de olivas
  • Navallas con xelatina de vermut
  • Ameixas con salsa de algas
  • Xarda con brotes tenros
  • Ovos fritidos con patacas e chourizo, a súa tapa estrela no Abastos 2.0
  • Sorbete sólido de mazá.


Os nenos puideron formar parte do equipo de cociña, colaborando no empratado ou nalgunha fase da preparación dos pratos, pero o maior protagonismo tivérono na degustación daqueles preparados nunca probados antes. Unha delicia no CEIP San Xoán.












Antes de explicar a realización de cada prato e os ingredientes que levaban, puidemos ter tempo para escoitar ao amigo e proveedor de Bret, que nos deleitou cun agasallo feito pola súa nai. As sorpresas gastronómicas non paraban... E comimos Empanada de Ovas de Polvo.

Logo o ambiente mudou, e puidemos escoitar a historia de Bret. Foi no salón de actos. Alí, contounos non só o que fai, senón como foi que chegou ata onde hoxe está. Unha vida chea de emocións que non dubidou en compartir connosco: o papel da familia, o apoio dos amigos, o esforzo da formación... para chegar a vivir como quere e do que desexa.

Bret, foi un pracer contar contigo!

Este é o vídeo do día:



lunes, 16 de mayo de 2016

Letras Galegas 2016: Maio Longo






O 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas que, para este ano, homenaxea a Manuel María.






Nós pretendemos dar unha maior transcendencia a esta celebración, dedicando o mes de maio ás nosas letras e ás nosas tradicións. O programa para o noso 
é o que segue:




Día 16: Inauguración da decoración de Maio Longo. Durante este mes, o alumnado de 5º e 6º traballou o texto instrutivo e colaborou nunha especial causa. Nacida do noso programa Educación Responsable, a iniciativa era traballar as instrucións e conseguir un muro colaborativo en ReflexArte. Podes seguir toda a información neste enlace.
Ambientalización Manuel María. Que inclúe a difusión do vídeo elaborado polo alumnado de 5º e 6º sobre a figura literaria homenaxeada.





Nun achegamento á súa obra, o alumnado de 5º e 6º preparou outro vídeo con sorpresa final incluída, que foi presentado no día do MaioLongo.








Día : Os maios. Como cada ano, recibimos a visita de Branca para facer un maio. Este ano, o alumnado de Educación Infantil e de 1º e 2º de primaria serán os protagonistas.







Día 23: Maio Longo. Como colofón a este mes de celebración, estamos a preparar o noso Concerto das Emocións, que queremos presentar para as familias, co obxecto de compartir con elas os froitos do noso traballo no aspecto emocional. O Coro e ReflexArte mesturan un traballo de centro, cheo de vivencias e experiencias emocionais que poderedes seguir neste enlace.

Día : Actuacións musicais tradicionais.





Maio longo

















Queremos convidaros ao noso "Maio longo", que terá lugar o vindeiro 23 de maio de 2016 á 15:30 no salón de actos do CEIP San Xoán de Becerreá, no que participarán todos os nenos do colexio, con diferentes actividades relacionadas cos proxectos que se desenvolven na nosa escola: Educación responsable, Cinema en curso, Entre letras e Galemocinémate.

Esperámosvos!

domingo, 24 de abril de 2016

San Xurxo. Libros e rosas

O Día do Libro celébrase o 23 de abril. Está relacionado co día de San Xurxo, aínda que nada que ver co Santo. En realidade a celebración coincide con efemérides do mundo literario, en concreto con Cervantes e Shakespeare, como ben explican os nosos alumnos no vídeo que narra a historia de San Xurxo e o Dragón.

O noso cole non podía deixar de festexar tan importante data, por iso, os nenos de sexto anunciaron a sorpresa que se cocía para ese día.

Durante a mañá do día 22, todos os cursos puideron coñecer a historia de San Xurxo, que neste vídeo compartimos, tamén convosco.




Ao final das representacións, os actores regalaban marcapáxinas conmemorativos para todos os asistentes.

Outra das iniciativas do Día do Libro partíu da clase de cuarto, que, a partir dun mural, solicitou a colaboración de todos os compañeiros do centro, expresando, nel o que significa un libro ou deixando unha reseña do seu libro favorito. O mural colaborativo permanecerá á entrada da biblioteca ata pasados uns días, no que se colocará no seu interior, para disfrute de todos. Este é o vídeo que recolle esta fantástica idea. 











Desde a biblioteca, contribuíuse a esta celebración cunha exposición temática sobre dragones.
Todo o cole está encherse de flores en preparación para un maio de cores e flores.... Serán as de San Xurxo? 
EntreLetras MaioLongo

viernes, 1 de abril de 2016

Roteiro por Guitiriz: Fábrica de Poetas.

O pasado día 30 os alumnos de quinto e sexto fixeron un magnífico roteiro pola vila de Guitiriz, un dos dous roteiros que o IES Poeta Díaz Castro, desa vila, realizan para o coñecemento e difusión do poeta do que toman o nome e que foi homenaxeado no Día das Letras Galegas durante o pasado 2014.


O roteiro Fábrica de Poetas fai un percorrido pola vila, naqueles espazos que son importantes na vida do escritor:


A saída é desde o Instituto, logo de facer un xogo de pistas que deriva nun agrupamento do alumnado convidado. 






Despois, en grupos, os nenos coñecen a vila, facendo paradas en:

A Casa Habaneira, na que a Fábrica de Poetas convida a unha poxa para a lectura (no menor tempo posible) de poemas.


O Curro Vello, no que o xogo leva ao coñecemento de autores dun único libro.






A Viaxe do Heroe lévase a cabo na Estación do tren da vila. Penélope e Ulises forman, xa, parte do coñecemento dos nosos nenos, cunha representación da súa historia. Descubrimos Penélope,un dos poemas máis fermosos de Díaz Castro. Como imos motivados para a lectura, desde a Estación do Tren, marchamos pola vila coas consignas de "Máis Lectura e Menos Televisión", entre outras... Unha manifestación pola cultura!


                                       




O achegamento ao léxico tivo lugar na Casa das Palabras, de Guitiriz. Unha homenaxe a escritores da Terra Cha, onde Alfonso Blanco falou aos nenos de literatura e explicou a razón de ser da Casa das Palabras. Tamén alí puidemos ver obxectos persoais de autores como Díaz Castro e Manuel María. A sorpresa chegou cando descubrimos dúas pezas artísticas elaboradas polo Pai de Aarón, de sexto, que nos encheron de orgullo.







A Apócema Poética foi o momento de creación literaria e xogo máis intensos para o noso alumnado. Un pracer que serviu, tamén, para iniciar a volta a casa.




Nesa volta, os comentarios foron mostra do ben que o alumnado o pasara acompañando aos guías (tamén alumnos) pola súa proposta literaria.

Hoxe, xa máis pousados, fixemos a avaliación do día, mediante unha DIANA DE VALORACIÓN. Os nenos fixeron reflexión sobre catro aspectos concretos do acontecido: as aprendizaxes, o goce, os descubrimentos e o desexo de voltar. Con posterioridade, colocaron un gomet na diana, dando maior puntuación no círculo central, como no caso do xogo de dardos.

Tamén encontraron unha palabra para resumir a sensación do día, que tamén incluíron.

Para finalizar, enganchando co noso traballo cos emoticóns do Happyness Day, escolleron un     ( entre dez), que reflectise a emoción coa que chegaron de volta a Becerreá.

Este é o resultado. E, polo magnífico que é, só podemos AGRADECER AOS ORGANIZADORES TERNOS CONVIDADO. MILLÓNS DE GRAZAS, AMIGOS! ENCANTADOS DE TERVOS COÑECIDO, QUEREMOS, AGORA, CONFIRMARVOS QUE DESEXAMOS VOLTAR A VERVOS E COÑECERVOS MELLOR!



Este é o vídeo que resume o día.



lunes, 7 de marzo de 2016

Día Internacional da Felicidade

A Asemblea Xeral de la ONU,  el 12 de xullo de 2012 decretou o 20 de marzo Día Internacional da Felicidade, para recoñecer a relevancia da felicidade  como aspiración universal dos seres humanos e aimportancia da súa inclusión nas políticas de goberno. 
As Nacións Unidas convídanos a observar de axeitadamente o Día Internacional da Felicidade, por medios como actividades educativas e de concienciación.
Dende o Entre Letras queremos a fomentar este sentimiento nas nosas aulas, e estamos convencidos de que podemos contribuir a mellorar a felicidade das persoas que temos ao noso carón.


Unha das actividades deste novo #entreLetras precisa, unha vez mais, da vosa colaboración. Gustaríanos que nos fagades chegar un pequeno vídeo bailando un fragmento do tema "Happy" de Pharrell Williams, segundo as instruccións que vos entregaron os nenos. O alumnado de quinto e sexto de primaria, participantes no obradoiro "Cinema en curso", realizarán unha montaxe dos vosos fragmentos que queremos estrear o vindeiro 18 de marzo. Esperamos recibir os vosos vídeos no correo sextosanxoan@gmail.com
#happyday literario: recompilaremos libros sobre os temas que nos fan felices
#happyday musical: traballaremos cos temas musicais que nos transmiten felicidade
#happyday gastronómico: "barriga chea, corazón contento", e unha morea de refráns que nos recordan que á felicidade tamén se chega polo estómago. Os alimentos que nos producen felicidade serán...
#happyday artístico: coñeceremos obras de arte que transmiten a ledicia de vivir.

Axúdasnos a contaxiar entusiasmo e a transmitir felicidade? 

#happyday


jueves, 25 de febrero de 2016

Finalizando o noso Love is in the air...

Chega o fin de febreiro e, con el, a despedida do noso Love is in the air 2016.

Podes ver todo o que se fixo ao longo do mes neste enlace.

Que se estará preparando para o mes de marzo? Tes curiosidade....? 

Unha pista: será unha celebración feliz!!!!!!!!!

miércoles, 24 de febrero de 2016

Día de Rosalía






Hoxe celébrase o Día de Rosalía, como homenaxe ao seu nacemento. O noso centro participou festexando con moitas actividades ao longo de toda a xornada.













A nosa Rosalía de Castro explicou por todas as clases que no día de hoxe queremos iniciar unha nova tradición: agasallar cun libro en galego e unha flor.












Por iso, hoxe, para todos os nenos de 3º a 6º, Geli, a nai de Ainara, explicounos moitas cousas sobre regalar flores, e sobre o negocio que existe para satisfacer esta demanda.









Durante o día, os nosos alumnos de 5º e 6º participaron na Campaña da Asociación de Escritores en Lingua Galega en Twitter, co hashtag #mobilizaRosalía.






Para finalizar o día, Os alumnos fixeron unha ofrenda a Rosalía de Castro, con versos escritos que se colocaron no noso mural, a cambio, recibiron da man da poetisa unha flor.







O colofón foi a cargo dos nenos de Educación Infantil, que cantaron, para todos nós unha canción:












No comedor escolar, Toñi e Ana nos agasallaron cun fantástico cocido e, de sobremesa, filloas e buñuelos!























MIRA AQUÍ TODAS AS FOTOS DO DÍA

martes, 16 de febrero de 2016

Jorge Coira

O director de cine Jorge Coira, recentemente galardonado cun Goya á mellor montaxe por "El Desconocido", quixo enviarnos unha mensaxe ao alumnado que traballamos en Cinema en Curso
Moitas grazas Jorge! Intentaremos seguir traballando coa mesma ilusión que ti transmites nos teus traballos.






domingo, 14 de febrero de 2016

Love is in the air

A música acompáñanos ao longo da nosa vida, e moitas melodías acaban por formar parte da nosa historia individual ou  colectiva. 
Son capaces de facernos revivir emocións, e hai quen  considera que a música é a linguaxe do corazón. 

Non podemos deixar pasar este #loveisintheair sen compartir as nosas cancións de amor preferidas. Axúdasnos a elaborar unha lista de reproducción na nosa canle de YouTube? Podes deixarnos o teu enlace no blogue de EntreLetras, na páxina  de  Facebook ou á entrada do colexio, nun lugar habilitado para este fin. 

Empezamos nós coa banda sonora deste EntreLetras😍



sábado, 6 de febrero de 2016

Love is in the air, 2016



Febreiro é o mes do amor e o centro énchese co #loveisintheair. O programa desta liña de traballo inclúe as seguintes tarefas:

DECORACIÓN #loveisintheair. 
Coa nosa namorada pendurada da lúa e entregando corazóns.... Unha visión romántica para acollernos, á entrada do cole. Mira o vídeo de preparación da nosa decoración alusiva.






CARTAS DE AMOR: comezamos a escribir cartas de amor para o concurso que se fallará o día 26 de febreiro. As cartas poden ser entregadas ata o día 19. As bases estarán en todas as aulas, para seren traballadas por todos os grupos, porén, ao concurso accedán só os voluntarios. Podes ver aquí o cartel de participación, coas bases.





CARTAS DA PAZ E DO AMOR: ENTREGA DE PREMIOS











LECTURAS DE AMOR: BiblioLío organiza unha exposición de libros de amor para ver na entrada e levar en préstamo.


CANCIÓNS DE AMOR: A música é un dos puntos clave do EntreLetras. Nesta ocasión, colocaremos o buzón para recoller as propostas de cancións de amor que desexedes. Con todas elas faremos listaxes de reprodución que nos amenizarán as entradas e saídas. A continuación podedes ver o Padlet sobre cancións de amor que o alumnado de 6º fixo no proxecto eTwinning.






FLORES PARA ROSALÍA. FLORES PARA REGALAR. Durante os días 17,18 e 19 levaremos a cabo obradoiros de elaboración de flores de papel. Estas flores acadarán especial importancia no día 24, Día de Rosalía de Castro. Ver aquí o desenvolvemento deste día.






Para aprender que hai detrás de regalar flores, Geli, a nai de Ainara, de sexto, virá darnos unha charla.





MENÚ PARA NAMORADOS. Sorpresa doce que nos agarda, das mans de Toñi e Ana....

KAMISHIBAI. Dentro da liña Un Kamishibai ao Mes de BiblioLío, unha historia en Kamshibai pechará a nosa liña de traballo.

EDUCACIÓN RESPONSABLE - BDF 6º: Tamén hai lugar para esta liña de traballo desde Educación Responsable - Banco de Ferramentas para 6º. Podes acceder aquí á tarefa "Perdóname", desenvolvida para o Love is in the Air.



viernes, 22 de enero de 2016

Novo proxecto para o centro.

Acabamos de recibir a aprobación do proxecto europeo eTwinning "Coñecémonos cos outros", unha liña de traballo de dinamización das linguas con base nas matemáticas e a educación emocional.

Este proxecto está deseñado para o alumnado de 6º, aínda que terá actividades puntuais con outros grupos. Participaremos cun centro portugués, das Illas Azores, a EBI Francisco Ornêlas de Câmara, e outro catalán, o INS La Sénia, de Tarragona.

Contará cun espazo propio, cuxo enlace é este.


jueves, 14 de enero de 2016

Carteámonos pola paz

O EntreLetras do mes de xaneiro é "Carteámonos pola paz" porque finaliza o mes cunha conmemoración moi importante: O Día da Paz.

Pero... para cartearnos... precisamos coñecer cómo é que unha carta chega a un lugar. 

VISITA Á OFICINA DE CORREOS

Por iso, contando coa colaboración de María, nai de Cristina, visitamos a Oficina de Correos onde é xefa da Unidade de Distribución de Becerreá. Alí recibimos unha información fantástica de cómo se reciben e distribúen as cartas. Este é o vídeo da visita:



Jorge Álvarez, de 6º, elaborou este vídeo, que recolle o resumo do día, incluídas as visitas ao Guarnicioneiro e, tamén, á destilería Gota a Gota, onde aproveitamos para facer retratos.





VISITA DO CARTEIRO DA PAZ



SORPRESA!!! Acabamos de recibir dúas cartas. Os compañeiros do eTwinning, cos que compartimos actividades durante o Nadal, enviáronnos unhas cartas e presentes.




Chega o momento de escribir cartas. Todas as clases escribirán unha para algúns compañeiros de centros cos que compartimos algún proxecto. 



O venres 21 vén o noso amigo, o Carteiro da Paz, que leva todas as nosas cartas cara o seu destino. Gustaríanos ver as caras dos nosos novos amigos ao abrir as cartas que lles escribimos. este vídeo recolle os mellores momentos do día.







O alumnado de 6º elaborou este Google Map cos centros aos que chegaron as nosas cartas:




O luns 25 comeza a Semana da Paz! 

Esta é a nosa decoración alusiva... nubes que choven cartas!




Resumo de actividades durante a Semana da Paz: