A relación entre a literatura e a música unha das máis antigas e fructíferas colaboracións que se producen entre distintas manifestacións artísticas.
Dende este blog, pretendemos dar a coñecer á comunidade educativa do CEIP San Xoán de Becerreá, este enriquecedor espazo artístico.
Igualmente, pretende imbuir no noso sentir á proximidade doutras culturas, o recpecto polas diferenzas, e abrir a nosa capacidade de escoita e visión a situacións novas, espertando a curiosidade por coñecer outras realidades visuais, sonoras e gustativas; implicando, ademáis do profesorado do centro ao servizo de comedor escolar.

PáXinas

jueves, 28 de mayo de 2015

EntreLetras con PABLO NÚÑEZ






Por fin chegou o día da visita de Pablo Núñez ao noso cole.

Pablo é un escritor lucense de recoñecido prestixio. Coa súa novela "As Fillas do César" resultou finalista do Premio Planeta no 2008. No ano 2015 acada a súa sexta edición en castelán, contando ademáis cunha edición en galego.

Pablo falounos da importancia fundamental da lectura como primero paso para ser escritor, do proceso de escritura, das influencias, do traballo de investigación, do mundo editorial, de cine... Un luxo que quixera compartir con nós esta tarde e que estivera disposto a responder a todas cantas preguntas tiñamos preparadas.

Confesounos que decidiu escribir despois de ver "Gladiator", e curiosamente a productora desta película está interesada en levar "As fillas do César" á gran pantalla.

Estivemos tan entretidos que nos sorprendeu o timbre con moitas preguntas sen responder, esperamos volver a ver a Pablo Núñez nunca ocasión cercana. E mentras ese momento se achega, deixounos un traballo: escribir a historia de Livia, Lobera e Dunia, as fillas do César, nunca visita á nosa comarca.

Non defraudaremos a Pablo. Seremos merecedores da confianza que depositou en nós como anfitrións das súas personaxes.

Moitas grazas, Pablo!



viernes, 22 de mayo de 2015

mmm... que rico!

Comezamos un novo tema no EntreLetras, será o "mmm... que rico!". Trataremos  o tema "cociñamos e comemos", como en todos os EntreLetras, desde catro perspectivas:

mmm... que rico! Literario

Traballaremos a receita de cociña como tipo textual, e elaboraremos o receitario das nosas comidas preferidas, coa participación das familias, para o noso comedor escolar e, coa axuda da nosa compañeira Toñi, veremos da posibilidade de as incluír nos nosos menús. Ide pensando en cal será a receita que enviaredes...

Como todos os anteriores, este EntreLetras vén cunha exposición de novidades literarias, libros que se exporán na entrada escolar para o disfrute de todos.

mmm... que rico! Gastronómico

Na última semana de cole teremos menús especiais, "que ricos!", elixidos entre os que compoñen o noso receitario particular elaborado neste próximo mes.

Non podemos esquecer que estamos a punto de celebrar o Día da Nutrición, para o que teremos a visita de alguén moi relacionado coa nosa saúde... e que nos contará o importante que é a alimentación para esta.

mmm... que rico! Musical

Xa iniciamos a recompilación de cancións que teñen que ver coa comida... Cantas coñeces? A fame que  dan!

Estas son algunhas das cancións que coñecemos relacionadas coa cociña:






mmm... que rico! Artístico

Para este EntreLetras o noso traballo en arte estará centrado en dous aspectos:





A reciclaxe artística: a decoración do mmm... que rico! é unha cociña feita a partir da reciclaxe de cartóns, papeis e plásticos, pois na cociña hai moito que reutilizar e reciclar.


Tamén reutilizaremos materiais para elaborar produtos artesáns para vender no Mercado Solidario.


Non podemos esquecer o "bicherío" de reciclado que está ocupando o noso xardín... Fuches velo?


O segundo aspecto, a nivel artístico, é a elaboración de stopmotions con comidas que realizarán os alumnos de quinto e sexto.




miércoles, 13 de mayo de 2015

Rematando o EntreLetras "Unha de Indios"

UNHA HISTORIA DE INDIOS EN STOPMOTION

No ano da Luz descubrimos que os indios Haida teñen unha fermosa lenda, O Corvo que rouba a luz, que os nenos de quinto e sexto adaptaron a guión cinematográfico para facer un StopMotion coa axuda de Bruno, o noso mellor realizador!!!
Este é o noso vídeo:







E... Qué aprendemos dos indios americanos?

Todos sabemos que os nenos de 3, 4 e 5 anos saben moitísimas cousas sobre os indios, por iso, eles foron os encargados de ilustrarnos e fixemos este vídeo coas súas intervencións.





                                                                           
TRAXE GAÑADOR NO CONCURSO DE DESEÑO DE TRAXE INDIO.

Fátima, de quinto, foi a alumna que desfilou co traxe confeccionado coa axuda de Inés Regueiro, a partir do deseño de Laura de Educación Infantil. 




EXPOSICIÓN E MERCADO SOLIDARIO.

O alumnado presentou ás familias o proceso a través do cal chegamos ao Tipi das Emocións.









Á saída, as familias puideron adquirir produtos artesáns realizados polos alumnos, no Mercado Solidario.

lunes, 4 de mayo de 2015

Concurso de Deseño de Traxes de Indio e MateMaxia.

Porque deseñar é un arte e un xeito de expresar. Esta vez convertémosvos en deseñadores. 


Estas son as bases do concurso. Podes entregar o teu bosquexo antes do día 29, día da actuación de MateMaxia. A partir do día 29, procederemos a votar para coñecer o traxe bañador.

Estes son os resultados do concurso, preto de 40 deseños de alumnos de todos os niveis:



Co modelo gañador, Inés Regueiro, modista e profesora de Corte e Confección da vila, explicará como se pasa dun deseño a un vestido mediante a creación dun patrón. A sesión, o día 5 de maio, deixou estas imaxes do proceso:

O vestido resultante será presentado no día 11 de maio, na celebración do Concerto e Exposición Tecendo Emocións, por Fátima Zahra, alumna de 5º de primaria.







Para os grupos participantes de primaria, teremos un premio: a asistencia a unha actuación de Maxia a cargo de Victor Pollán, profesor, xenio... Con el riremos, aprenderemos e asombrarémonos...

Foi capaz de adiviñar números, resultados de sumas e ata a posición dun número nunha táboa... Un auténtico mago!!! Un mago que actuou en dúas sesións, unha para os nenos de 1º e 2º e outra para os nenos de 3º a 6º de primaria.



Durante a sesión de MateMaxia:

 

Semana da Prensa


Quixemos relacionar, este curso, a Semana do Libro e Dereitos de Autor e a Semana da Prensa, pois entendemos que Ler é un pracer e un xeito de buscar información, libros e prensa dannos ocasións de lectura cada día e o colexio é a contorna amiga na que podemos e debemos acceder a este mundo

As actividades que desde o centro propoñemos son as que seguen:


  • Exposición Xornais do Mundo. Desde o día 28 de abril ata o 8 de maio estará aberta, no Salón de Actos, esta exposición con xornais en diferentes idiomas. A colección estará accesible durante toda a xornada escolar para os diferentes grupos, e nos leceres, para todos os nenos. Colaboraron na súa organización: O Círculo das Artes de Lugo, o IES Poeta Díaz Castro, de Guitiriz e Técnica de Mantenimiento, de Lugo.

Imaxes da Exposición Xornais do Mundo



  • "O homiño de Papel" será unha actividade de formación entre iguais na que os nenos de segundo, coa súa titora explicarán o súa liña de traballo en Lee de Educación Responsable, en relación coa lectura do libro homónimo e o traballo coa prensa. Igualmente, farán algún obradoiro para os nenos máis pequenos.

Entreletras e Educación Responsable

NO ERES UN BUEN AMIGO

O alumnado, despois de visionar o material recomendado, reflexiona sobre a amizade cando é truncada por algunha acción inadecuada.

Despois do debate, contribuímos ao desenvolvemento de "Unha de Indios" da liña de traballo do EntreLetras. Para iso, visionamos este vídeo, que utilizamos para a celebración do Día da Terra, e reflexionamos sobre a mensaxe do Gran Xefe Seattle ao Presidente Americano para comunicar que non poden continuar coa negociación sobre a posesión das Reservas Indias, porque non son amigos, non parten dos mesmos principios nin poden construír a vida sobre as mesmas bases.



Para finalizar, o alumnado ten que facer un documento colaborativo no que incluír cales son as crenzas e principios que o Gran Xefe menciona e os separa do Home Branco. Igualmente, ten que pensar nunha conclusión, en forma de reflexión final. Para iso, cubren esta ficha. Mira aquí todos os resultados.





Imaxes do proceso de traballo

O proceso finalizou coa elaboración dun diálogo entre o Gran Xefe Indio e o Presidente Franklin, dos EEUU. Este diálogo foi creado de xeito colaborativo: