Si, os indios comezaron o seu asentamento no CEIP San Xoán de Becerreá... Teñen un fermoso campamento na nosa entrada... É un campamento moi especial para nós pois ten recollidas as nosas emocións en forma de tecidos...
Todo comezou o trimestre pasado, no desenvolvemento de ReflejArte, de Educación Responsable. Recollimos teas, coa colaboración das familias, que tivesen que ver coas nosas emocións, con elas quixemos facer un produto social, compartido e creativo. Algo no que escondernos para pensar, para ler, para sentir... E... con retais... fixemos un tipi indio. Mira a súa historia:
O obxectivo fundamental do Entre Letras é que aprendamos. Ao longo destas semanas moitas actividades estarán organizadas en torno á Cultura Amerindia. Podes ir aprendendo sobre ela resolvendo esta WebQuest.
Unha de Indios Literaria:
- "O corvo rouba a luz", lenda dos Indios Haida: Adaptación dun guión para un vídeo coa técnica Stop Motion.
- Discurso do Gran Xefe Indio Seattle (1885) ao Home Branco.
- Estes vídeos formarán parte da nosa celebración do Día Internacional da Nai Terra (24/05/2015).
- Exposición de Libros de Lectura sobre Amerindios.
Unha de Indios Artística:
- Concurso de deseño de traxes de amerindios. Estas son as bases:
- Aprenderemos a facer Atrapa Soños indios e elaboraremos co alumnado varios para o Mercado Solidario do Concerto e Exposición de Educación Responsable: Tecendo e Cantando Emocións.
Unha de Indios Musical:
Durante todo o Entre Letras, o alumnado analizará músicas e cancións relativas. Para alén diso, na entrada/saída e leceres, escoitaremos músicas amerindias.
O noso comedor escolar celebrará o Menú Indio o xoves 14 de maio.
Tamén celebraremos o Día Internacional de Internet xunto co Día Internacional dos Museos, visitando virtualmente Museos Indios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario