A relación entre a literatura e a música unha das máis antigas e fructíferas colaboracións que se producen entre distintas manifestacións artísticas.
Dende este blog, pretendemos dar a coñecer á comunidade educativa do CEIP San Xoán de Becerreá, este enriquecedor espazo artístico.
Igualmente, pretende imbuir no noso sentir á proximidade doutras culturas, o recpecto polas diferenzas, e abrir a nosa capacidade de escoita e visión a situacións novas, espertando a curiosidade por coñecer outras realidades visuais, sonoras e gustativas; implicando, ademáis do profesorado do centro ao servizo de comedor escolar.

PáXinas

miércoles, 22 de abril de 2015

biblioLIO, Unha de Indios e o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor



CARLOS COIRA, padriño da biblioLÍO, tróuxonos máximamente libros de indios!!



Seguimos a empaparnos da cultura dos nativos americanos. É incrible a idea preconcbida que tiñamos deles grazas ás pelis de vaqueiros... bastante afastadas da historia real deste pobo.

Xa comezamos a gravación do stopmotion "O Corvo e a Luz" (baseado nunha lenda dos indios Haida). Temos a inmensa sorte de contar coa axuda de Bruno Pena Calvo, especialista en Comunicación Audiovisual e produtor de programas na TVG.


Temos instalada a carón do Tipi da entrada do colexio unha pequeña exposición de libros sobre os indios americanos. Chegaron onte, coincidido coa Re-inauguración da biblioteca escolar: biblioLÍO co apadriñamento de Carlos Coira. 
















No hay comentarios:

Publicar un comentario