A relación entre a literatura e a música unha das máis antigas e fructíferas colaboracións que se producen entre distintas manifestacións artísticas.
Dende este blog, pretendemos dar a coñecer á comunidade educativa do CEIP San Xoán de Becerreá, este enriquecedor espazo artístico.
Igualmente, pretende imbuir no noso sentir á proximidade doutras culturas, o recpecto polas diferenzas, e abrir a nosa capacidade de escoita e visión a situacións novas, espertando a curiosidade por coñecer outras realidades visuais, sonoras e gustativas; implicando, ademáis do profesorado do centro ao servizo de comedor escolar.

PáXinas

miércoles, 29 de abril de 2015

Math HAPPY HOUR!






O alumnado de 5º e 6º de primaria, levan uns cantos días cun proxecto ben entretido...lóxica, inxenio, enigmas... todas son adiviñas de carácter matemático para mellorar a nosa comprensión lectora ao mesmo tempo que agudizamos o noso inxenio e disfrutamos descubrindo enigmas do máis sinxelo en canto temos a comprensión dos textos.


Non hai horario concreto para contestar, pódese facer con compañeiros (pero cada quen porá as súas respostas), pódese preguntar ás familias para que recorden tamén tempos pasados, e de paso que nos boten unha man; facilita o debate porque as veces as cousas non son o que parecen...por suposto que vai a contribuir ás relacións sociáis, ademáis entrenaremos a nosa mente para sentirmonos capaces de solucionar calquera desfío co que nos enfrontemos... ¿Podemos pedir máis?


Ten algunhas VANTAXES: serve para subir nota e ademáis hai un premio ao que o faga mellor (un xogo de material para xeometría).



No noso tablón na entrada do centro están expostas as diversas cuestións, tamén no ENTRE LETRAS, quédanos ata o 25 de maio, ¡Moita sorte a todos!



martes, 28 de abril de 2015

entreLETRAS y el año de la LUZ: PACO e PEPE




entreletras disfrutou no día de onte dunha xornada moi especial


Recibimos unha visita por partida doble: en primeiro lugar tivemos a inmensa sorte de ter entre nós a Francisco Narla

Falounos sobre a importancia do respecto aso dereitos de autor e a arte de escribir historias.  Francisco é autor de novelas de recoñecido prestixio, como Assur ou Ronin  que chegaron a ser Best Seller mundial ou a relanzada, en breve, Caja Negra. En un futuro próximo presentará a súa nova obra Donde aúllan las colinas. Con el iniciaremos, en BiblioLío a nosa sección de literatura para adultos, pensada para as familias. 



Pedimos Paco a súa colaboración para o noso próximo obradoiro de escrita creativa, que terá lugar no mes de maio. Deixounos uns "storycubes": son uns dados para xerar historias con texto. En cada dado un campo semántico, polo que se poden xerar infinidade de combinacións posibles que actuan como nexos e detonantes das historias. Xa iremos dando conta das historias que deles xurdan.


Os dados de Paco

Tamén 



Non o deixamos marchar sen que nos asinara os exemplares con que nos agasallou e nos deixara constancia do seu paso pola nosa escola no libro de visitas.




En segundo lugar, e aproveitando que o 2015 é o Ano Internacional da Luz, o alumnado experimentou coas leis físicas da luz nunha sesión formativa e lúdica a cargo de José Manuel Vázquez: a composición e descomposición da luz, a existencia da luz negra e dos ultravioletas e infrarroxos e como a auga atrapa un láser verde foron algunhas das sorpresas que Pepe nos tiña preparadas.

Fixemos uns experimentos espectaculares, e deixounos con ganas de máis..


 




Fixemos uns experimentos espectaculares, e deixounos con ganas de máis. Estamos desexando que haxa unha segunda parte! Deixounos un puntero laser moi potente e un prisma para quie poidamos seguir xogando coa ciencia. 







Tamén nos deixou un libro para libroslibresMoitas gracias Pepe!





Podes acceder a toda a información nestes enlaces do Plan Proxecta: 
Francisco Narla e os Dereitos de Autor
José Vázquez e os Experimentos coa Luz










E como o entreletras tamén integra o servizo de comedor escolar, non deixamos pasar a oportunidade de intercambiar impresións na cociña do cole. Ao fin, a cociña é unha das paixóns dos nosos convidados de hoxe. Pero este, será motivo de outros encontros...


Moitísimas grazas!!



Podes acceder a toda a información nestes enlaces do Plan Proxecta: 
Francisco Narla e os Dereitos de Autor
José Vázquez e os Experimentos coa Luz

lunes, 27 de abril de 2015

librosLIBRES

Xa son 15 os librosLIBRES que andan agardando por ti polas  dependencias escolares…

Se atopas un deles, non esquezas rexistralo no enlace "libroslibres" que tes na columna da esquerda deste blog!!








Somos diseñadores


Xa  están chegando os primeros diseños para o Concurso de Deseño de traxes de indios americanos. Ti xa  entregaches o teu?


jueves, 23 de abril de 2015

#leeresparami



Estamos moi  ledos no CEIP San Xoán de Becerreá porque que descubrimos que a inmensa maioría do alumnado goza coa lectura !

Recibimos no día de hoxe, Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor una chea de repostas a #leeresparami. 

Iremos subindo todas elas ao longo deste  Día do Libro. 

Tamén queremos agradecer encarecidamente a colaboración das familias nesta  (e en todas) as actividades que desde o EntreLetras, o Plan Proxecta, o ENDL, e en todos os proxectos e actividades que xurden dende  a escola. Sen a vosa  complicidade non sería posible o desenvolvemento das mesmas.

Preparadas para a seguinte? Os LibrosLibres están a piques de petar nas vosas portas...