A relación entre a literatura e a música unha das máis antigas e fructíferas colaboracións que se producen entre distintas manifestacións artísticas.
Dende este blog, pretendemos dar a coñecer á comunidade educativa do CEIP San Xoán de Becerreá, este enriquecedor espazo artístico.
Igualmente, pretende imbuir no noso sentir á proximidade doutras culturas, o recpecto polas diferenzas, e abrir a nosa capacidade de escoita e visión a situacións novas, espertando a curiosidade por coñecer outras realidades visuais, sonoras e gustativas; implicando, ademáis do profesorado do centro ao servizo de comedor escolar.

PáXinas

miércoles, 11 de febrero de 2015

Love is in the air




O mes de febreiro inclúe tres datas nas que o amor é un compoñente importante:

O xoves de comadres, día das amigas.
O xoves de compadres, día dos amigos.
O día de San Valentín, día dos namorados.


                                                 

Hai moitas clases de amor e como nós estamos a desenvolver as nosas emocións e o xeito no que as manifestamos, decidimos pensar nun Entre Letras que festexe esta circunstancia tan agarimosa. Por iso, o noso programa para este mes é:


1. No plano da Literatura: Coñeceremos unha das obras de amor máis importantes, Romeo e Xulieta, de William Shakespeare. Por iso, os nosos alumnos de quinto representarán, o día 27, unha recreación a partir de "Romeo y Julieta, una historia de amor junto a una maceta" de José Luis García.

E para todo o alumnado abrirase un Concurso de Cartas de Amor, que fará parte da nosa decoración para este Entre Letras. O prazo vai desde o 5 ata o 20 de febreiro e será o 27 o día no que se entregue o premio.

Participaremos no concurso organizado pola Coordinadora Galega de Normalización Lingüística para o Día de Rosalía, o 23 de febreiro, coa temática "Eu son Rosalía porque..."

Tamén para todos, haberá unha exposición de libros deste tema, entre os que se encontran as novas adquisicións. Todos eles serán prestados a partir do día 26 de febreiro, e poderán ser lidos no recuncho do Entre Letras mentres estea aberta a exposición (desde o día 9).

2. No plano musical, aparte dunha sorpresa que temos preparada grazas ao grupo Batital, estamos organizando unha caixa de correo de "Cancións de amor" que soarán, ao longo do mes, en distintos momentos. Toda a comunidade educativa pode deixar neste buzón a súa petición de canción de amor.






A música que se traballará na clase será "Love is in the air", como fío condutor, e varias composicións corais elixidas de entre as propostas para o Coro das Emocións, do programa Educación Responsable.



3. No plano artístico, o alumnado de 5º e 6º traballará sobre edición de fotografía de temática amorosa, en calquera dos seus sentidos, e será o motivo de exposición do comedor durante este mes. Estas imaxes compartirán espazo con algunha das máis famosas fotografías de amor da historia.

4. No plano gastronómico, o amor é doce... Así que no menú do Entre Letras de febreiro, haberá unha sobremesa moi doce e moi romántica... Palmeriñas de Amor con Fresas, elaboradas polo alumnado. Compartiremos a receita!

No hay comentarios:

Publicar un comentario