A relación entre a literatura e a música unha das máis antigas e fructíferas colaboracións que se producen entre distintas manifestacións artísticas.
Dende este blog, pretendemos dar a coñecer á comunidade educativa do CEIP San Xoán de Becerreá, este enriquecedor espazo artístico.
Igualmente, pretende imbuir no noso sentir á proximidade doutras culturas, o recpecto polas diferenzas, e abrir a nosa capacidade de escoita e visión a situacións novas, espertando a curiosidade por coñecer outras realidades visuais, sonoras e gustativas; implicando, ademáis do profesorado do centro ao servizo de comedor escolar.

miércoles, 23 de diciembre de 2015

Nace un novo espazo web!

Desde hoxe dispoñemos dun novo espazo web que contén toda a información relativa ao desenvolvemento do Programa Educación Responsable.

Podes acceder desde a imaxe ou escribindo o enderezo:

http://ceipsanxoan.wix.com/ed-responsable


miércoles, 2 de diciembre de 2015

Preparándonos para o Nadal





Como cada ano, a chegada do Nadal inunda a escola de imaxes natalícias... Xa estamos a prepararnos!







Cada clase está a participar no Concurso de Postais da FAPACEL. Todos os nenos realizan a súa, que será enviada para o correo da Fedeación, co noso desexo de contribuír a esta celebración.

Igualmente, os nenos foron informados da Campaña de Recollida de Xoguetes que a ANPA realiza cada mes de decembro coa intención de que ningún neno quede sen agasallos este Nadal. A recollida de xoguetes levarase a cabo no Centro Social e na Oficina de Correos, ata o 1 de xaneiro.





Está na nosa vontade formar nenos solidarios, polo que un ano máis, estamos a realizar pequenos detalles que vender no día do Festival de Nadal, aberto ás familias. Estes fondos van formar parte dos recursos que financian as actividades complementarias, en colaboración coa ANPA. Non deixedes de ver o que estamos a facer para vós...






Moitas son  sorpresas que nos esperan neste Nadal... Iremos informándovos...

1. Elaboración de detalles para o Mercado Solidario. Obradoiros en 1º, 2º e 4º. Colaboración con outros centros. Difusión eTwinning.

miércoles, 25 de noviembre de 2015

Día internacional contra a Violencia de Xénero

O 25 de novembro celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. O noso cole sabe da importancia da coeducación e da nosa responsabilidade nas bases que conforman os comportamentos de respecto entre homes e mulleres e que forman parte da educación integral do noso alumnado.

Sabendo que isto non é algo que se cubra nun día, sempre aproveitamos, no ENDL, as efemérides para iniciar liñas de traballo que sexan permanentes e transversais. Por iso, a partir de hoxe comezamos traballos específicos para reflectir e concienciar. Algúns exemplos son:



CinemaEnCurso: Con este proxecto estamos aprendendo a analizar filmacións, para aprender a crealas, mellorando a nosa narración e expresión emocional. Nesta ocasión aproveitamos a traballar o seguinte vídeo, que compartimos con todos os alumnos de primaria na entrada do colexio. O publicitario chámase "Dalle unha bofetada", e foi rodado con nenos italianos contra a violencia de xénero.






Biblioteca Escolar: Como é habitual, organizamos unha exposición temática de libros para coñecer as semellanzas e difencias entre homes e mulleres sobre as que se sustenta a igualdade entre os xéneros.


Todas estas liñas de traballo complementan as que cada titor organiza con tratamentos específicos en diferentes áreas.


viernes, 13 de noviembre de 2015

Cinema en curso


Cinema en curso é un programa de pedagoxía do cinema que persegue un doble obxectivo prioritario: achegar aos nenos e xoves o cinema como arte, creación e cultura, e explorar o potencial pedagóxico da creación cinematográfica.
Comenza en Cataluña en 2005 y se desenvolve en escolas e institutos con alumnos  entre 3 y 18 años. Trátase dun proxecto internacional no que participan centros de Cataluña, Madrid, Arxentina e Chile,ademais de catro centros de Galicia: CEIP A Rúa (Cangas), IES Manuel Chamoso Lamas (O Carballiño), IES Manuel Murguía (Arteixo), e nós, o alumnado de 5º e 6º do CEIP San Xoán de Becerreá.
En Galicia o CGAI coordina Cine en Curso en colaboración co Plan Proxecta, iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

O modo de creación propio do cine, as aptitudes, actitudes e esixencias que require, fan del un aliado de primeira orde para traballar cuestións fundamentais para o desenvolvemento persoal do alumnado e para a sociedade en xeral. 
A través da creación cinematográfica trabállanse a creatividade e a capacidade de innovar; a atención á realidade e a capacidade de apreciala; a autonomía e a capacidade de cooperar e traballar en equipo; a asunción de responsabilidades individuais e colectivas; a autoestima, a ilusión, o rigor, as expectativas sobre un mesmo e sobre o grupo do que se forma parte; o coñecemento, recoñecemento e respecto cara a realidades diversas; a reflexión sobre as propias emocións e as dos demais; a capacidade para argumentar, escoitar e dialogar.
Ademais, a metodoloxía de traballo de "Cine en curso" supón unha ocasión privilexiada para desenvolver un traballo fondo de expresión oral e escrita: o alumnado elabora textos descritivos, poéticos, instrumentais, narrativos; expresan ideas e emocións; argumentan, dialogan, reflexionan, valoran…
Deste xeito, impulsaremos a adquisición das competencias básicas dos nosos nenos, incorporando ao proxecto no que acabamos de iniciar, así como contidos de todas as asignaturas troncais e específicas do currículo.




A primeira sesión tivo lugar o 7 de novembro para o profesorado e o 9 para o alumnado, ambas na sede do CGAI en A Coruña, onde os nenos asistiron a unha proxección na que visionamos e comentamos os fragmentos das seguintes películas:
  • Daguerrotipos (Agnès Varda)
  • A colchoneira (Alain Cavalier)
  • Perfís campesiños: a vida moderna (Raymond Depardon)
  • Ruínas (Manuel Mozos)
  • Tren de sombras (Jose Luís Guerin)
  • El cielo gira (Mercedes Álvarez)
  • D' Est (Chantal Akerman)
  • Paris #1 (Oliver Laxe)
  • Glas (Ben Haanstra)   


Máis información do desenvolvemento de "Cinema en curso"" no blogue de quinto e sexto.
sextosanxoan.blogspot.com.es





jueves, 5 de noviembre de 2015

Unha sesión de Kamishibai




Despois de recibir formación con Jose Andrés, a nosa compañeira en prácticas María García, animouse a organizar e levar á práctica unha sesión de Kamishibai cos alumnos de Infantil.
A sesión tiña como obxecto practicar as praxias dentro dun obradoiro de estimulación da linguaxe que se vén desenvolvendo no cole desde inicio de curso.

O conto deseñado e escrito para a ocasión por María chamábase "Las aventuras de Jacinta... en el campo". Queredes velo? Aquí vos deixamos a sesión gravada.







martes, 27 de octubre de 2015

Aprendendo para ensinar



O pasado luns o equipo de formación do CEIP San Xoán tivo a sorte de contar cun magnífico docente para aprender, José Andrés García, bibliotecario en León e cun amplísimo curriculum como formador de profesores, contacontos e experto en Kamishibai.




Precisamente, esta arte (drama en papel) foi a causa da súa produtiva visita.

O Kamishibai nace en Xapón como un xeito de dramatización, utilizado por vendedores nas rúas. Desprazábanse en bicicleta e facían soñar aos nenos que lles compraban golosinas. Coa chegada do cine, este arte foi esmorecendo e parece que hai datos para crer que, tras deste esmorecemento está o inicio dunha nova arte: o manga.

O interese dos profesores compoñentes deste equipo polo Kamishibai naceu no pasado curso, no desenvolvemento da anterior liña de traballo, e pretende darnos pé a encontrar novas metodoloxías que melloren a competencia lectora do noso alumnado e a nosa propia competencia docente.

Este vídeo recolle algúns dos mellores momentos da sesión.







Aquí podedes ver a José Andrés interpretando co seu Kamishibai a historia dun peixiño que consegue un bombín...






Non vos gustaría que tivésemos un kamishibai no noso cole?

Queredes ver máis historias do noso primeiro día de Kamishibai? Pincha neste enlace.


Máis materiais para trabajar co Kamishibai




lunes, 26 de octubre de 2015

Desenvolvemento da Semana do Samaín



Luns 26 de outubro:



Traballamos o texto: Comezan os obradoiros de cociña. Despois de descubrir o que é unha cidra, comezamos co laborioso arte de cociñala e convertela nun saboroso doce. Toñi ensina como fazer "Cabelo de Anxo" que despois utilizará como ingrediente perfecto para unha torta que comeremos no día do Menú Especial de Samaín.







Unha exposición de Cabazas: Como xa é tradicional, o alumnado participa nun Concurso de Decoración de Cabazas. A novidade deste ano é que as cabazas serán decoradas no seu exterior.


Textos para morrer de medo: Como cada ano, teremos a ocasión de nos achegar ao medo que se vive nestes días. Queredes saber como? Este ano copiaremos "parágrafos para morrer de medo" de libros e novelas que coñezamos ou que encontremos na nosa Exposición de Libros de Medo.






Xoves 29 de outubro:




Traballamos o texto: Instrucións para obradoiros artísticos. Un momento magnífico para que a nosa imaxinación se convirta en algo bonito e decorativo. Hoxe faremos porta candeas con forma de momia... Atréveste? Os videotitoriais elaborados polo alumnado de 6º están publicados nesta ligazón. Será unha interesante sesión de formación entre iguais.




Celebraremos o Menú do Samaín. Incluirá a sobremesa realizada nos obradoiros de cociña desta semana.

Tarde de cine de medo: Os nenos de primaria disfrutarán da película "Hotel Transilvania" no salón de actos, mentres que os nenos de Infantil disfrutarán dun contacontos a cargo dunha das profesoras da etapa.




Semana 2-6 de Novembro:

Traballamos o texto: Seguimos cos obradoiros de cociña. Serán días de exaltar un produto típico da zona, a castaña. Toñi ensina aos alumnos de 3º e 4º como fazer "Marrón Glacé". O resultado será envasado e repartido entre todos os alumnos, para que o leven a casa.





jueves, 22 de octubre de 2015

Samaín

Xa estamos a traballar intensamente na celebración do Samaín. A vindeira semana estará plagada de actividades relacionadas con estas datas, e das que vos adiantamos parte do calendario:

O luns 26 de outubro, e o martes 27 o alumnado de quinto e sexto, realizarán na cociña, coa colaboración de Toñi, un taller no que aprenderán cómo se fai o cabelo de anxo, o tipo de cabaza que necesitamos para a súa elaboración, e, quizáis, elaborarán un doce con este produto.

Pola tarde, celebraremos o magosto, con xogos e maquillaxe para quen o desexe.

Os nenos de terceiro e cuarto, tamén teñen taller na cociña. Neste caso, aprenderán a facer marron glacé. Será o mércores, e poderán levar para a súa casa un bote co produto elaborado.

Ao rematar os talleres, publicaremos aquí as receitas.

Para os compañeiros de primeiro e segundo de primeira, temos unha pequena sorpresa: un taller de maualidades que impartirá o alumnado de  sexto curso e no que aprenderán a facer un portavelas em forma de momia.

Nos seguintes enlaces, poderes ver os videotitoriais que están a realizar con esta temática:

  • Anne
  • Ainhoa
  • Yoel
  • Arturo
  • Vero
  • Ainara
  • Aarón
  • Jorge
  • Martín






martes, 20 de octubre de 2015

Semana da Biblioteca

Do 19 ao 25 de outubro, celébrase a Semana da Biblioteca. No cole festexaremos estas datas con varias actividades de dinamización da lectura e de apertura da biblioteca.



Para comezar, participaremos na campaña que o Observatorio de la Lectura y el Libro (Ministerio de Educación, Cultura e Deporte) desenvolve para esta semana: ¡Viva la Biblio!. Unha campaña na que, a través de twitter, todos podemos contar ese momento especial polo que nos entusiasman as bibliotecas: un recordo asociado a algo positivo que acontecese nese magnífico espazo que son as biblios. O hashtag de participación é #vivalabiblio, e aquí encontrarás as bases.







Entra en twitter - #vivalabiblio

(Se queres ver as nosas publicacións, engade o hashtag #ceipsanxoan)





Tamén pensamos abrir a biblioteca ao centro... Pequenos recunchos de lectura que invitan a disfrutar dun momento de esparcimento e tranquilidade, de imaxinación e viaxes literarios... Mira eses espazos e vén disfrutar deles.




sábado, 3 de octubre de 2015

Suso Lista: A visita


Chegou o día. O venres 2 de outubro, o CEIP San Xoán encheuse de barcos, semellando unha costa galega activa e añorada...




O motivo era que estaba programada a visita de Suso Lista, autor de relatos, mariñeiro, percebeiro, actor, fotógrafo... polifacético home que compartiu connosco vida, anécdotas, consellos...





Falou sobre as diferentes profesións que desenvolveu na súa vida e que, sen dúbida, conforman, en parte, as historias que conta... que conta con facilidade, como demostrou, a petición de David, compoñendo unha cos debuxos que, para a ocasión, fixeran os nenos.







Puidemos escoitar que foi locutor de radio, algo que adquire especial relevancia para nós durante este trimestre... así que... esta historia da radio... continuará...

Fixo recomendación de ler... de ler moito... e recomendou dúas obras: As aventuras de Tom Sawyer (Mark Twain), para os nenos, e El Pirata (Walter Scott), para as familias.





Aficionado á fotografía da natureza, participou da nosa liña de traballo recentemente estreada, Fotografía Matemática, poñendo nome a varias das súas en función das propiedades desta ciencia que nelas se atopaban.





Houbo lugar para as peticións e, como el cumpriu coas nosas, tamén se animou a pedir algo: os nosos nenos terían que enviarlle un relato, cada un, sobre un feito sorprendente... Se cumprimos, comprometeuse a volver e facer un pequeno clube de lectura con todos eles.
Felices de terte connosco, sempre que desexes ver montaña en lugar de mar, aquí tes o teu lugar!
Grazas, Suso.



miércoles, 30 de septiembre de 2015

DE VISITA: SUSO LISTA






Jesús Lista Neira, coñecido como SUSO LISTA, naceu en Corme o dous de abril de 1962. 



Corme é unha localidade costeira cunha longa tadición mariñeira situada na Costa da Morte (A Coruña). Alí pasou os seus primeiros 11 anos, ata que marchou a Cheste (Valencia) a cursar estudos de EXB. Con 16 anos, embarcou como mariño mercante, percorrendo toda Europa e o norte de África.


Con 25 anos deixa o barco e se instala definitivamente en Corme para traballar como percebeiro, profesión que combina coa de actor, guionista, locutor radiofónico…


Traballou en series como Mareas vivas (en máis de 40 capítulos), Libro de familia, Os Atlánticos, Matalobos, Padre Casares… en longametraxes como A mariñeira e Cela 211. 

Foi guionista de curtametraxes como A crise da pesca ou Matreros de medianoite, actor e guionista do documental Ida e volta (seleccionado para os premios Mestre Mateo 2007).



Inicia a súa andaina como escritor en 2005, publicando relatos no seu blog: Suso Lista. Espazo emocional e literario dun percebeiro do Roncudo, que mantén ata 2011.

Dende 2008 ata 2010 traballa como actor e guionista na serie de Tv Para mariñeiros, nós (Vtelevisión).

Dirixiu un programa cultural en Radio Roncudo, O embigho da fin do mundo, e no ano 2013 gañou o Premio da Audiencia do VII Premio de Teatro Cultural da Radio Galega coa obra O demo nunca dorme. 



Ten publicados dos libros de relatos: Salseiros, en 2014, (terceiro Mellor Autor do Ano para a revista Fervenzas Literarias) e Xeixos, en 2015.




O venres 2 de outubro, teremos o pracer de recibir na biblioteca do CEIP San Xoán a Suso, que nos falará da súa obra, dos seus oficios, ads súas experiencias… e será unha delicia escoitalo, xa que é ademáis de todo é un excelente narrador. Mentres agardamos que chegue o venres, abaixo tedes algún dos traballos de Suso Lista.











martes, 15 de septiembre de 2015

EntreLetras 2015/2016

Un novo curso escolar que nos trae una nova edifico do Entre letras.
E comezamos forte! Un tema atractivo pero a priori bastante desconocido: A RADIO




Poñémonos a investigar?








jueves, 28 de mayo de 2015

EntreLetras con PABLO NÚÑEZ






Por fin chegou o día da visita de Pablo Núñez ao noso cole.

Pablo é un escritor lucense de recoñecido prestixio. Coa súa novela "As Fillas do César" resultou finalista do Premio Planeta no 2008. No ano 2015 acada a súa sexta edición en castelán, contando ademáis cunha edición en galego.

Pablo falounos da importancia fundamental da lectura como primero paso para ser escritor, do proceso de escritura, das influencias, do traballo de investigación, do mundo editorial, de cine... Un luxo que quixera compartir con nós esta tarde e que estivera disposto a responder a todas cantas preguntas tiñamos preparadas.

Confesounos que decidiu escribir despois de ver "Gladiator", e curiosamente a productora desta película está interesada en levar "As fillas do César" á gran pantalla.

Estivemos tan entretidos que nos sorprendeu o timbre con moitas preguntas sen responder, esperamos volver a ver a Pablo Núñez nunca ocasión cercana. E mentras ese momento se achega, deixounos un traballo: escribir a historia de Livia, Lobera e Dunia, as fillas do César, nunca visita á nosa comarca.

Non defraudaremos a Pablo. Seremos merecedores da confianza que depositou en nós como anfitrións das súas personaxes.

Moitas grazas, Pablo!



viernes, 22 de mayo de 2015

mmm... que rico!

Comezamos un novo tema no EntreLetras, será o "mmm... que rico!". Trataremos  o tema "cociñamos e comemos", como en todos os EntreLetras, desde catro perspectivas:

mmm... que rico! Literario

Traballaremos a receita de cociña como tipo textual, e elaboraremos o receitario das nosas comidas preferidas, coa participación das familias, para o noso comedor escolar e, coa axuda da nosa compañeira Toñi, veremos da posibilidade de as incluír nos nosos menús. Ide pensando en cal será a receita que enviaredes...

Como todos os anteriores, este EntreLetras vén cunha exposición de novidades literarias, libros que se exporán na entrada escolar para o disfrute de todos.

mmm... que rico! Gastronómico

Na última semana de cole teremos menús especiais, "que ricos!", elixidos entre os que compoñen o noso receitario particular elaborado neste próximo mes.

Non podemos esquecer que estamos a punto de celebrar o Día da Nutrición, para o que teremos a visita de alguén moi relacionado coa nosa saúde... e que nos contará o importante que é a alimentación para esta.

mmm... que rico! Musical

Xa iniciamos a recompilación de cancións que teñen que ver coa comida... Cantas coñeces? A fame que  dan!

Estas son algunhas das cancións que coñecemos relacionadas coa cociña:






mmm... que rico! Artístico

Para este EntreLetras o noso traballo en arte estará centrado en dous aspectos:





A reciclaxe artística: a decoración do mmm... que rico! é unha cociña feita a partir da reciclaxe de cartóns, papeis e plásticos, pois na cociña hai moito que reutilizar e reciclar.


Tamén reutilizaremos materiais para elaborar produtos artesáns para vender no Mercado Solidario.


Non podemos esquecer o "bicherío" de reciclado que está ocupando o noso xardín... Fuches velo?


O segundo aspecto, a nivel artístico, é a elaboración de stopmotions con comidas que realizarán os alumnos de quinto e sexto.




miércoles, 13 de mayo de 2015

Rematando o EntreLetras "Unha de Indios"

UNHA HISTORIA DE INDIOS EN STOPMOTION

No ano da Luz descubrimos que os indios Haida teñen unha fermosa lenda, O Corvo que rouba a luz, que os nenos de quinto e sexto adaptaron a guión cinematográfico para facer un StopMotion coa axuda de Bruno, o noso mellor realizador!!!
Este é o noso vídeo:







E... Qué aprendemos dos indios americanos?

Todos sabemos que os nenos de 3, 4 e 5 anos saben moitísimas cousas sobre os indios, por iso, eles foron os encargados de ilustrarnos e fixemos este vídeo coas súas intervencións.





                                                                           
TRAXE GAÑADOR NO CONCURSO DE DESEÑO DE TRAXE INDIO.

Fátima, de quinto, foi a alumna que desfilou co traxe confeccionado coa axuda de Inés Regueiro, a partir do deseño de Laura de Educación Infantil. 




EXPOSICIÓN E MERCADO SOLIDARIO.

O alumnado presentou ás familias o proceso a través do cal chegamos ao Tipi das Emocións.









Á saída, as familias puideron adquirir produtos artesáns realizados polos alumnos, no Mercado Solidario.

lunes, 4 de mayo de 2015

Concurso de Deseño de Traxes de Indio e MateMaxia.

Porque deseñar é un arte e un xeito de expresar. Esta vez convertémosvos en deseñadores. 


Estas son as bases do concurso. Podes entregar o teu bosquexo antes do día 29, día da actuación de MateMaxia. A partir do día 29, procederemos a votar para coñecer o traxe bañador.

Estes son os resultados do concurso, preto de 40 deseños de alumnos de todos os niveis:



Co modelo gañador, Inés Regueiro, modista e profesora de Corte e Confección da vila, explicará como se pasa dun deseño a un vestido mediante a creación dun patrón. A sesión, o día 5 de maio, deixou estas imaxes do proceso:

O vestido resultante será presentado no día 11 de maio, na celebración do Concerto e Exposición Tecendo Emocións, por Fátima Zahra, alumna de 5º de primaria.







Para os grupos participantes de primaria, teremos un premio: a asistencia a unha actuación de Maxia a cargo de Victor Pollán, profesor, xenio... Con el riremos, aprenderemos e asombrarémonos...

Foi capaz de adiviñar números, resultados de sumas e ata a posición dun número nunha táboa... Un auténtico mago!!! Un mago que actuou en dúas sesións, unha para os nenos de 1º e 2º e outra para os nenos de 3º a 6º de primaria.



Durante a sesión de MateMaxia: