A relación entre a literatura e a música unha das máis antigas e fructíferas colaboracións que se producen entre distintas manifestacións artísticas.
Dende este blog, pretendemos dar a coñecer á comunidade educativa do CEIP San Xoán de Becerreá, este enriquecedor espazo artístico.
Igualmente, pretende imbuir no noso sentir á proximidade doutras culturas, o recpecto polas diferenzas, e abrir a nosa capacidade de escoita e visión a situacións novas, espertando a curiosidade por coñecer outras realidades visuais, sonoras e gustativas; implicando, ademáis do profesorado do centro ao servizo de comedor escolar.

sábado, 11 de octubre de 2014

Os teus ollos

Descobrimos que nos gusta a poesía! E máis se a melodía é tan fermosa coma esta.
Compartimos con vós o poema de Curros, co que estivemos traballando nas aulas. Se queredes saber que ben o cantamos, aínda teredes que esperar un tempo...


miércoles, 1 de octubre de 2014

Melodía gallega



A primeira obra coa que imos trabalhar neste novo recuncho da nosa escola é un poema de Manuel Curros Enríquez, musicado por Xosé Castro González, "Chané", cando os dous coincidiron na emigración en La Habana, nos anos noventa so século XIX.








Manuel Curros Enríquez


Ten a serea un canto
Y-a serpe o alento; 
O lago ten á onda, 
Dios ten o inferno.
Ti tés d’abondo 
C’o que tés escondido 
N’eses teus ollos. 
O trono d’os monarcas, 
D’o sabio os trunfos, 
A groria d’o poeta, 
O ouro d’o mundo: 
Dera eso todo, 
Por sólo unha mirada 
D’eses teus ollos, 
Buscan os pitorreises 
Para faguer niño, 
A herba santa que nace 
Veira d’os rios. 
Eu busco sólo 
Unha mirada meiga 
D’eses teus ollos. 
Cando se pon a lúa 
Tras d’os penedos 
Choran as estreliñas 
Todas d’o ceo. 
Tamen eu choro 
Cando non m’alumean 
Eses teus ollos.


Manuel Curros Enríquez



Chané